Sites Grátis no Comunidades.net

 EL Producións Artísticas


Teatro
Você Prefere...
Um Drama?
Um Romance ?
Uma Comédia ?
Ver Resultados



Total de visitas: 12710
Un dia de Formiga


Cando eu era neno os libros e os coloridos disco e historia eran amigos fieis para viaxar polo mundo da imaxinación. E a fábula da “Formiga e a Neve”, era un dos conto que mais me emocionaban. En homenaxe aqueles áureos tempos e por me dar conta da forza e da contemporaneidade da historia, naceu o Musical infantil “Un Día de Formiga”. A ultima obra da miña TRILOXIA MUSICAL PARA CRIANZAS que chega a Galiza despois de cumprir oitos anos en carteleira nas principais capitais brasileiras.

Aquí todo pode acontecer, por iso vos convido a mergullar nun mundo que foxe do duelo cliché do ben e do mal para vivir de xeito lúdico, poético, musical e co bo humor, as emocións, sentimentos, desexos e desventura que envolven o día a día dos personaxes.

Os debuxos animados son inspiración para aposta en escena que é acompañada por efectos sonoros, visuais, figurinos que usan e abusan do colorido e da imaxinación e números musicais embaladas por divertidas cancións.

Abran ben os ollos, porque coa imaxinación pódese ver todo é só querer.

Era unha vez Historildo un auténtico contador de historias que desexaba conquistar novos mundos coas súas historias,  porque a fraga  onde vivía quedou  pequena para os seus soños. A Profesora SabeTodo(O ser mais intelixente da Fraga) e as súas fórmulas máxicas axudan a Historildo a embarcar nunha fascinante aventura. Revelando así a Formiceira, a formiguiña doceira, que naquel día, estaba rematando de facer os doces do aniversario do León, cando faltou azucre. Inmediatamente a formiguiña sae en busca do azucre, cando  é sorprendida por unha tempestade de neve. A partir dese momento a formiga se envolve en inusitadas situacións e cos mais dispares personaxes  que marcarán todo a historia  súa vida.